Publicidad:
La Coctelera

Un pouco de cine

15 Septiembre 2008

Imprescindíbel

Contemplando a fabulosa filmografía do director Wong Kar Wai este verán atopeime con esta secuencia.

Eu non podo definila máis ca de perfecta, tanto técnica coma artísticamente. Non atopo nada que sobre, nin nada que se lle bote en falta.

Necesitaba compartila con alguén...

Tags: wong kar wai

servido por lucia-rei 2 comentarios compártelo

20 Mayo 2008

Corre que te Corre-Camiños.

Dispoñíame a facer unha entrada sobre a publicidade no cine cando por casualidade dei en youtube cun deses documentos "históricos" que me fixo mudar de temática.

E si, señores. Síntome orguiosa e feliz.

Todos coñecemos a Coiote e a Correcamiños , ou non? Que deleite levantarse polas mañás do fin de semana e escoitar aquela melodía tan familiar. E como non os debuxos en technicolor. As súas aventuras (desventuras do pobre Coiote máis ben) son claro exemplo de que non fan falta grandes doses de mal gusto, que abunda nos debuxos que ven agora meus primos pequenos. Mais ese xa é outro conto...

Ao que ía: Que foi do infortunado Coiote?. Consigueu alcanzar ao escurridizo Correcamiños?

Non sei se algunha vez repararades nelo, ou o tema pasar sen pena nin gloria polas vosas vidas. Dende logo, casos semellantes coma o final de Doraemon, xeraron suspicacias cando menos, e até lendas ubanas. Por exemplo, é certo ese rumor que circula por aí de que Nobita estaba en coma, e o Gato Cósmico foi só produto da súa imaxinación? ( Quen saiba a resposta por favor ma comunique).

Mais de tódo-los xeitos, apaixoada do tema, aquí vos deixo o desenlace:

Esto foi o que aconteceu cando o Coiote atrapou ao seu maior inimigo...

E ben, que vos pareceu?

Se cadra eu esperábame máis.

Un saudo.

servido por lucia-rei 4 comentarios compártelo

8 Mayo 2008

Fidel Castro,de figurante ... a gobernante

Acabo de ler unha cousa ben sorprendente. Supostamente, o dirixente cubano Fidel Castro puido ter probado sorte como actor en Hollywood, poucos anos antes de comezar a súa faceta coma político.

Polo visto, participou como extra en alomenos en dúas películas, Bathing Beauty (1944), coa fermosísima Esther Williams, e Holiday in Mexico. Mais as esceas nas que aparecía dise que foron eliminadas nas reedicións que se fixeron destes filmes para as escasas copias que circulan en VHS e a televisión.

De galán latino dos anos corenta daría o pego,ou vos que credes?

Un saudo.

servido por lucia-rei 11 comentarios compártelo

14 Abril 2008

Fisahara ´08

Do 17 ao 20 de abril vaise celebrar,coma tódolos anos dende o 2003 o festival de cinema do Sahara.

Este festival non só se limita á proxección de películas senon que é esta actividade a que se inclúe dentro dun proxecto máis ambicioso,e de carácter solidario.Nos campamentos de refuxiados saharauis da rexión de Tinduf,en Arxelia, e coincidindo co evento,ofrécense cursos e talleres de información e creación audiovisual.Ademais,durante esta edición crearanse videotecas,unha por campamento.

Por se vos animades a ir,a viaxe organizada custa sobre uns 600 euros,que inclúen o voo que sae dende Madrid e a estancia cunha familia saharaui refuxiada.Para aqueles que non teñades ocasión pero que vos goste a iniciativa tedes unha conta en Caixa Madrid mediante a cal podedes colaborar:cc/ 2038 1016 31 6000891480 .

Aquí vos deixo o cartel da pasada edición.

Un saudo.

servido por lucia-rei 4 comentarios compártelo

14 Abril 2008

Tres (bos) blogs da miña temática

Blogs que se relacionan coa miña temática e que eu sigo con bastante regularidade son:
http://www.lacoctelera.com/audiovisualgalego
http://alansmitheegalicia.blogspot.com/ ,que vai en inglés aínda que ó seu autor fala do audiovisual na Galiza.
http://pawley.blogalia.com/
Tags: blogs

servido por lucia-rei sin comentarios compártelo

2 Abril 2008

Indispensábel ou non?

A banda sonora é,sen dúbida,un dos elementos máis importantes dunha película.Mediante ela pódese dotar a unha escea dunha maior e máis potente carga emocional.É a música tamén a que nalgúns casos permite que certos filmes acaben de callar.Non é certo que moitas veces recordamos cancións sen saber identificar con claridade a película á que pertencen?

Chunking express,do cineasta de Hong Kong Wong Kar Wai, é unha desas películas á que a banda sonora a fai máis especial se cabe.Aquí vos deixo unha mostra:

E outro director que parece que sempre acerte na súa elección é Quentin Tarantino:

E Danny Boyle en Trainpotting,película que me encanta aínda que me gosta máis o libro.

E vos que opinades?

Tags: b s o, cine

servido por lucia-rei 7 comentarios compártelo

10 Marzo 2008

E como non..............Edison

Outro dos inventos previos ao cinematógrafo foi o kinetoscopio,patentado en 1891 polo inventor,xa daquela reconvertido a industrial,Thomas Alva Edison.Mais o feito de que estea considerado o verdadeiro pai do cinematógrafo fai que non sexa un atrevemento adicarlle unha atención especial a este aparello.

Porén,foi o seu axudante William L.K. Dickson,e non o propio Edison,quen realizou case todo o traballo,deixándonos en herdanza,por exemplo,o sistema de engranaxes que permiten que a película corra dentro da cámara,e que se utiliza hoxe en día.

O kinetoscopio era unha especie de caixa que contiña quince metros de película e que cada espectador tiña que ver de xeito individual.Ademais o artiluxio funcionaba introducindo unha moeda.

O aparello logo chegou ás principais cidades europeas,pero non se puido considerar coma un espectáculo de carácter público.

servido por lucia-rei 1 comentario compártelo

10 Marzo 2008

E como non.....................Edison

servido por lucia-rei sin comentarios compártelo


Sobre mí

Son estudante de Publicidade.Góstame escoitar falar á xente intelixente e conversar con ela se podo,rir,ler,durmir,ir ó cine...

Fotos

lucia-rei todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera